Friday 03 de May de 2024

A Aula de Formación EducaOroso acollerá unha “Xornada de orientación laboral” gratuíta o próximo venres 24 de febreiro


A Aula de Formación EducaOroso acollerá o próximo venres 24 de febreiro, en horario de 10.30 a 12:00 horas, unha “Xornada de orientación laboral”. A asistencia é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado, polo que é preciso anotarse previamente na Oficina de Orientación Laboral do Concello de Oroso, na Aula CeMIT Sigüeiro-Oroso ou no teléfono 981 973 627.

Durante hora e media, o alumnado recibirá consellos e información sobre como buscar e atopar emprego na nosa comunidade. A xornada está organizada polos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, en colaboración co Concello de Oroso, o Servizo Público de Emprego de Galicia e a Xunta de Galicia.